AS RULAS DE BAKUNIN cada vez máis internacional

Categoría: Nova

New Spanish Books é un proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido.

Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta edición do panel, 11 obras foron as escollidas por un comité independente de expertos polo seu interese e atractivo para seren traducidas no Reino Unido.

Este panel poderá ser consultado en internet no Portal de Venda de Dereitos www.newspanishbooks.com dende o día 25 de setembro, no apartado UK Panel’s Choice. Podédelo ver tamén no seguinte pdf.

As rulas de Bakunin foi Premio García Barros no ano 2000. Vai pola quinta edición e xa foi traducida para o portugués, o castelán e o italiano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email