Os libros de Benigno Campos sempre son un gran acontecemento porque son milleiros os seguidores e seguidoras do popular cociñeiro do programa da TVG, 'Larpeiros' pero, sobre todo, seguidoras e seguidores das súas receitas e do seu estilo de cociña galega e popular. E saborosa, moi saborosa.
Por iso non sorprende saber que o seu novo libro, centrado nos peixes e mariscos, está a ser un novo éxito editorial. Quen adquire os receitarios do de Chapela accede a un universo gastronómico recoñecible (é cociña galega) mais fondamente sorprendente polos seus planteamentos.
Platos de bo gusto con sabor a mar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR