Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, un día de 1973 deu ao prelo a obra de teatro, representada dende aquel instante e ata hoxe ininterrumpidamente por moitos grupos de teatro, 'As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas', sen dúbida, unha das pezas máis divertidas da nosa dramaturxia e que entronca perfectamente co espírito de Castelao naqueloutra obra, 'Os vellos non deben de namorarse' que tamén tiñan o humor e unha certa forma de surrealismo coma vehículo perfecto de comunicación.
Por iso se esgota, ano tras ano, nas librerías do país e por iso, ano tras ano, reeditamos este libro que non nos cansamos de ver, nin de ler, nunca.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR