As eternas COUSAS de Castelao

Categoría: Nova

Poucos coma Castelao conseguiron dicir tanto en tan pouco. Por iso, as súas COUSAS, que estes días chega ás librerías de todo o país nunha nova edición (das moitísimas que leva dende a súa publicación no ano 1926), son consideradas paradigmas do relato breve, da pintura literaria concreta, da excelencia narrativa.
Sen dúbida, é a creación literaria máis orixinal de Castelao, un xénero novo inventado por el. Breves textos narrativos que serviron para explicar o noso ser máis profundo. Unha mestura de emoción, palabras e sabedoría absolutamente inimitable.

Comparte nas túas redes sociais ou por email