Antes do verán presentamos 'Rapoemas', un libro-disco comandado pola rapeira viguesa Aid que se atreveu a musicar, coa modernidade por bandeira, aos grandes clásicos da nosa literatura.
O seu éxito está sendo tal que, da man de Galaxia, van dar comezo unha serie de obradoiros, dirixidos a escolares, nas cidades de Vigo e Pontevedra. Estamos a falar dunha actividade que vai poñer a cantar e rapear en galego a centos de escolares galegos. O obxetivo destes obradoiros é dar a coñecer os conceptos básicos do estilo do rap, a parte musical da cultura hip hop, e disfrutar compoñendo entre todos unha canción.
O obradoiro desenrolarase por partes. A primeira, será unha pequeña contextualización sobre a cultura hip hop e o rap. Despois, analizarase como soa este estilo de música, o ritmo do hip hop, e como se pode construir un rap para ese ritmo. O concepto importante nesta parte, e que sempre caracterizou ao rap, é a liberdade coa que este estilo conta en canto a vocabulario, tipo de rima, de versos, entoación ou sonoridade. Esta liberdade de expresión neste xeito de música é o que se vai aproveitar para compoñer entre todos unha canción coas preocupacións que se lle ocorran a cada un, sen pelos na lingua. A última parte sería a máis longa e divertida e será a de compoñer entre todos unha canción, aportando cada un unha parte dela. Por último interpretarase entre todos a canción creada, e lles quedará aos asistentes como unha lembranza fermosa desa xornada de rap.
A actividade durará 50 minutos e comeza este venres 26 de outubro, na cidade olívica, ata o vindeiro 9 de novembro.
Rematará cun concerto no Vigosónico coa participación de Aid e nel teremos a oportunidade de ver á rapeira botándolle un "man a man" en directo a un regueifeiro; diálogo regueifa-rap, tradición-modernidade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR