Aos contos con María Solar en Betanzos

Categoría: Nova

A escritora e xornalista María Solar manterá un encontro cos lectores e lectoras dos seus libros nunha actividade de animación titulada 'Da verdadeira historia da mosca da tele ás meigas de Lupa, pasando por un cento de historias'.
Sen dúbida, unha boa ocasión para gozar dunha tarde diferente arredor da literatura coa creadora do libro, editado por Galaxia, 'A verdadeira historia da mosca da tele'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email