Antón Riveiro Coello e María Solar optan aos Premios Gala do Libro Galego 2016

Categoría: Nova

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de facer pública a listaxe de obras finalistas para os Premios Gala do Libro Galego 2016, que se celebrará o sábado 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras. Dúas obras publicadas por Editorial Galaxia resultaron finalistas: Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello, e O meu pesadelo favorito, de María Solar.

Con esta convocatoria preténdese recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email