Amor é unha palabra coma outra calquera, hoxe en Vigo

Categoría: Nova

Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquera, unha novela de amor contra o amor, hoxe martes 23 de febreiro ás 20h na Casa do Libro de Vigo, acompañado por Ramón Nicolás e Víctor F. Freixanes.

Amor é unha palabra coma outra calquera é una novela de amor contra o amor protagonizada por Carla, unha muller que organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.

Podedes ler un adianto no blog de Ramón Nicolás, Caderno da crítica

Ecos na prensa
"Eu tamén tiven que sacar a mochila do amor romántico". Francisco Castro fala sobre a novela nunha longa conversa con María Varela para o Diario de Pontevedra
Tamén Radio Marca Vigo entrevistou a Francisco Castro co gallo do lanzamento do novo título.
"O amor e as súas anacronías", a crítica de Ramón Nicolás no Fugas de La Voz de Galicia
Que pasa cando o amor desaparece tras ser o centro do mundo? Tamén o Galicia Confidencial se fixo eco do lanzamento

Comparte nas túas redes sociais ou por email