Setembro chega cargado de boas novas!

Estamos moi felices porque na sección de Fugas de La Voz de Galicia, Ana Abelenda consultou a diferentes persoeiros da cultura como son Marilar Aleixandre, Domingo Villar, Francisco Castro ou Arantza Portabales, para saber cales son as novelas que non vos podedes perder.

Entre outros títulos imprescindibles, resaltáronse Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro ou A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, as únicas novelas destacadas en galego, da Editorial Galaxia.

Podedes ler todo clicando na seguinte ligazón:

www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2019/09/05/20-novelas-clasicas-deberias-leer-vez-vida/00031567698873300917107.htm

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR