Aire, o novo proxecto musical de María Fumaça, mereceu onte o Premio Martin Codax na categoría infantil. Estaban nominados tamén A Gramola Gominola e a Pesdelán, dous fantáticos grupos. Aire son cancións de diferentes estilos pero presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir. Unha ollada diferente sobre o mundo. Unha ollada mellor. Porque todos somos diferentes, pero todos respiramos o mesmo AIRE. PARABÉNS!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR