Afirmaría Mastroianni

Categoría: Nova

Nos anos noventa do século pasado, a novela de Antonio Tabucchi, 'Afirma Pereira', converteuse nalgo máis ca un fenómeno literario. As lectoras e lectores axiña se decataron de que naquel libro, publicado pola nosa editorial en galego, había moito máis ca unha boa historia. Era sobre todo un estilo fluído, un xeito de contar as cousas, a xeito de informe (Carlos Casares xogara tamén con ese xeito de contar en 'Os mortos daquel verán') que convertían dende o primeiro instante aquel libro nunha obra mestra.
E como acontece moitas veces, cando o libro é levado ao cine e un actor de carácter lle pon cara, logo é imposible velo xa doutra maneira. E iso é o que aconteceu con Marcello Mastroianni, de quen hoxe nos lembramos pois de estar vivo cumpriría 88 anos. Para sempre será o Pereira que Antonio Tabucchi, que tamén nos deixou hai nada, soñou e que por sorte podemos ler na nosa lingua.

Comparte nas túas redes sociais ou por email