Adianto do outono literario

Categoría: Evento, Nova

Unha ampla proposta de libros para todas e todos

De seguido ofrecemos un breve adianto informativo con parte do Plan Editorial que Galaxia ten pensado para o derradeiro trimestre do ano. Propostas para todos os públicos.
Entre as novidades destacamos obras coma Herba de namorar de María do Cebreiro, Historia da vida cotiá en Galicia de Xavier Castro, Non deixes que a tardiña me sorprenda, a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, Memoria dunha experiencia asemblearia de Miguel Barros, A lingua das cantigas de Pär Larson, Os anxos indecisos de Manrique Fernández, O latexo dunha aula infantil das Irmás Abelleira ou Ler en violeta de Montse Pena Presas.
Tamén verán a luz algún dos premios que publica habitualmente Galaxia como o García Barros (que este ano gañou Berta Dávila coa súa novela Carrusel), Repsol de Narrativa Breve ou Os Viadutos, así como 900,o libro co que Xabier López gañou o Premio Torrente Ballester 2019.
Para o público máis cativo, títulos como Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro, Soleando de An Alfaya, Lobísimo do saco de Bernardino Graña, Candorcas e unicornios de María Canosa, Teño oito anos e quero ser youtuber de Xoán Babarro, O caso da cacatúa que falaba de máis (Berta Mir II) de Jordi Sierra i Fabra, A viaxe de Ana de Alberte Momán, Rimaletras de Mar Guerra, Porque te quero de Baldo Ramos, Atranco no banco de Manuel Núñez Singala ou O home que mercou un libro de Paco Martín.
No apartado músical, publicamos o novo traballo de Najla Shami, Ela sabe a sol, no que amosa o seu singular mestizaxe cultural a través de temas en galego, castelán e árabe.
Finalmente e na colección Sonárbore de libro-discos, dirixida aos máis pequenos, publicaremos A fraga do meu avó, o  novo traballo de Mamá Cabra e Alicia Borrás.
 
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email