Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargarte de balde, en formato PDF, o primeiro capítulo do Libro 3 de '1Q84', o novo libro de Haruki Murakami que xa está á venda despois de que o pasado febreiro publicaramos os dous primeiros nun único volume. A edición en galego sae ao tempo que no resto das linguas da nosa contorna cultural, en tradución de Mona Imai e Gabriel Álvarez.

Os lectores e lectoras de Murakami reencontraranse cos personaxes principais da novela, Aomame e Teño, aos que se engade o detective Ushikawa. A trama segue virando en torno ao estraño mundo con dúas lúas de 1Q84, unha realidade paralela ao ano 1984 de claras connotacións orwellianas. En xaponés a letra «q» e o número 9 teñen a mesma pronuncia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR