Como todos os anos, o Campus Sur da Universidade de Santiago será o escenario para a celebración do Festigal, un dos grandes escaparates da cultura galega.
A nosa editorial, coma sempre e sen faltar un só ano, estará presente para apoiar esta iniciativa, neste caso centrando a súa actividade na presentación de tres libros de publicación recente.

De seguido, o programa para o LUNS 25 DE XULLO:

– Ás 16:45 h, presentación da novela IN VINO VERITAS, de Francisco Castro. Participan Carlos Lema, Malores Villanueva, e o autor.

– Ás 17:30 h, presentación de ÁRTICO 2.0, de Xavier Queipo. Participan Carlos Lema, Alfonso Álvarez Cáccamo, e o autor.

– Ás 20:30 h, presentación de COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA, de Yolanda Castaño e Andrea Costas. Ademais das autoras van intervir Francisco Castro, editor, e Marga do Val, unha das escritoras que 'cociña' no libro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR