Actos de Galaxia na Feira da Coruña

Categoría: Nova

Coma todos os anos, do 1 ao 10 de agosto os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña acollen a Feira do Libro, un dos grandes escaparates para o libro en Galicia.

Editorial Galaxia estará un ano máis presente para apoiar esta iniciativa, centrando nesta edición a súa actividade na presentación de tres libros de publicación recente.

Velaquí o programa dos nosos actos:

– Martes 2 de agosto, ás 19:00 h, presentación da novela IN VINO VERITAS, de Francisco Castro.
Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Mercedes Queizas Zas, escritora.

– Xoves 4 de agosto, ás 20:30 h, presentación de COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA, de Yolanda Castaño e Andrea Costas.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Lucía Aldao e Xabier P. Docampo, dous dos escritores que cociñan no libro, e as autoras, Yolanda Castaño e Andrea Costas.

– Martes 9 de agosto, ás 20:00 h, presentación de LUME DE COBIZA, de Miguel Anxo Fernández.
Estará acompañado por Paula García Márquez, directora de comunicación de Galaxia, e Ángel de la Cruz, director e productor, encargado da versión cinematográfica do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email