Actos de Galaxia hoxe na Feira da Coruña

Categoría: Nova

Dúas novidades de Galaxia serán as protagonistas da xornada deste martes na Feira do Libro da Coruña. Por unha banda, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández estará a partir das 19:30 h asinando exemplares do seu último libro, a xa imprescindible biografía de Murguía.

A continuación, ás 20:00 h, terá lugar a presentación da nova novela de Xosé Neira Vilas, Esperando o leiteiro, un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires. O autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. Tamén vai participar a actriz Isabel Martínez-Risco, que lerá algúns fragmentos do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email