Achegas fundamentais para coñecer a vida e obra de Manuel María

Categoría: Nova

Darío Xohán Cabana preparou un interesantísimo ensaio para a comprensión da obra dun dos grandes das letras galegas contemporáneas e, xunto con Amelia Otero, escolmou unha selección de textos representativos da súa xenerosa produción.
Mercedes Queixas, autora do interesante libro de conversas con Maria do Carme Krukenberg ("Vivir, Unha aventura irrepetibel". Galaxia, 2011) ofrécenos a biografía do poeta, que el mesmo se definiu en vida coma un poeta labrego.
Galaxia incorpora estes dous textos a outras producións arredor do poeta da Terra Cha: dous libros de música para nenos (Canta o cuco, de Uxía e Magín Blanco, e Teatro de Guiñol, de Pirilampo) e unha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes, A Berenguela, con música de Nani García e ilustraciós de Miguel Anxo Prado. A poesía de Manuel María ao alcance de todos os públicos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email