A Univesidade de Vigo e a Fundación Penzol homenaxean a Francisco Fernández del Riego

Categoría: Nova

Hai un mes celebrabamos o nomeamento como Doutor Honoris Causa do escritor Agustín Fernández Paz na Universidade de Vigo. Mais antes ca el houbo outros. E o primeiro de todos foi Francisco Fernández del Riego, un dos fundadores da Editorial Galaxia e de quen este ano celebramos o seu centenario con actos e homenaxes por todo o país.
Neste senso, a Universidade de Vigo e a Fundación Penzol organizan o vindeiro luns unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, da que vos deixamos, de seguido, o programa completo.
12.00 Xardíns do CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á investigación): descubrimento dunha placa ao pé do pradairo plantado en 2010 na súa honra.
Interveñen: Xosé-Henrique Costas (vicerreitor da UVigo), Alfonso Zulueta de Haz (presidente da Fundación Penzol)
13.00 Mesa redonda "Lembranza e semblanza de D. Paco del Riego" no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Interveñen: Camiño Noia (catedrática de Filoloxía Galega da UVigo), Malores Villanueva (profesora de Lingua Galega na UB), Ana Mª Fernández del Riego (irmá de D. Paco), Francisco Domínguez (director da Fundación Penzol)

Comparte nas túas redes sociais ou por email