A cidade multiplícase, compartindo a estreita veciñanza dos barrios -orballo, cal, bronce, sol, forxa e perpiaño- coa millarenga e as luces de neón. Un recendo a novo e a comezo, a fotocopia, a noite e a bar de estudante, enche as súas rúas. É a década álxida, chea de frescura e de vivencias, da que xorden eses momentos e sensacións que se han esboroar -mais nunca esquecer- co atentado contra a discoteca Clangor. A identidade facinada á unha novela híbrida, ensaio novelado ou crónica ensaística dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo incomparable: o da Compostela universitaria e sublime dos anos oitenta.
Velaquí o fío argumental que nos achega Antonio Piñeiro nesta nova obra, A IDENTIDADE FASCINADA que está chamada a ser unha das celebracións literarias desta época de verán.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR