A mellor tradución do ano

Categoría: Nova

Durante o transcurso da Cea das Letras organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, outorgouse o galardón á mellor tradución do ano ao traballo asinado por María Alonso Seisdedos e Bartug Aykam da novela de Orhan Pamuk, 'O Museo da Inocencia', publicada recentemente pola nosa editorial.

Este premio alicerza máis aínda a traxectoria da nosa editorial de incorporar á mellor narrativa mundial ao noso catálogo, para podermos ler en galego aos grandes da nosa contemporaneidade. Mais non abonda coa publicación senón que a tradución debe ser, sempre, de primeira calidade. Este premio, outorgado polo conxunto de socios e de socias da AELG, confirma ese presuposto.

Parabéns para os tradutores. Todas as beizóns.

Comparte nas túas redes sociais ou por email