A Esmorga. Adaptación dun texto narrativo a un audiovisual

Categoría: Nova

A Agrupación Cultutal O Galo organiza este xoves 28 de xaneiro ás 20h30 no Espazo Etnocultural Vide-Vide (Rúa do Stº Antonio nº1, Santiago) de Compostela un encontro aberto co director de A Esmorga. Ignacio Vilar explicará porque levou a pantala a grande novela de Eduardo Blanco Amor e as dúbidas e problemas con que se atopou para acomodar esa narración á linguaxe cinematográfica.

A palestra será presentada por Carlos Callón e ao remate servirase un viño galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email