A Editorial Galaxia, recoñecida como a Mellor Editorial de 2014

Categoría: Nova

O venres foi un día feliz para a nosa Editorial porque fomos coñecendo os resultados das votacións nas distintas categorías dos lectores e lectoras da web Fervenzas Literarias, un dos referentes na Internet do libro galego. Durante algo máis dun mes, os visitantes da páxina puideron participar nunha enquisa que é xa unha das citas ineludibles do noso ano literario para escoller aqueles títulos e iniciativas que máis lles gustaron ou pareceron dignas de recoñecemento durante o ano pasado.
Entre outras distincións, a Editorial Galaxia foi recoñecida como a mellor editorial do ano 2014 ao tempo que os libros REO, de Xesús Fraga (Mellor libro de Literatura Xuvenil) e OLYMPLIA RING, 1934 de Xabier López López (Mellor portada) recibían tamén cadanseu recoñecemento.
Ademais ditos, outros títulos de Galaxia ocuparon os primeiros postos e houbo recoñecementos importantes para 'A Esmorga', ou o nacemento de Mar Maior, así como para os títulos da colección Costa Oeste que se situaron, as últimas novidades, moi arriba no escrutinio final.
Na ligazón á dereita destas páxinas podes consultar todos os galardóns.

Comparte nas túas redes sociais ou por email