A celebración do medio século da revista GRIAL poderá seguirse en directo dende o noso blogue

Categoría: Nova

Será mañá xoves, ás 20 horas, na Fundación Novacaixagalicia da Rúa do Vilar de Santiago, cando se celebrará o acto de celebración do medio século da revista GRIAL e a chegada da publicación aos 200 números.
O acto, como xa temos feito outras veces, será retransmitido en directo, dende o noso blogue, a través da plataforma BAMBUSER, de tal xeito que dende calquera lugar do mundo no que exista unha conexión a internet se poida seguir.
Logo, a través dunha ligazón permanente conectada a esa plataforma, ficará para sempre a gravación completa do acto que poderá ser reproducida cantas veces se queira, vía streaming, en calquera soporte con acceso á rede.
Medio século despois, GRIAL ábrese, e participa activamente, das novas maneiras de difusión da cultura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email