O Concello da Estrada organiza este acto conmemorativo do 50 aniversario da publicación de 'Memorias dun neno labrego', no que contarán coa presenza de Xosé Neira Vilas.
Esta novela vén de ser publicada de novo, nunha nova edición, pola nosa editorial, comezando así a Biblioteca Neira Vilas, dedicada ao escritor de Gres, único autor vivo a quen Galaxia dedica unha biblioteca de seu.
Mañá Balbino, un neno de aldea, soará de novo con forza nas súas orixinais terras da Estrada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR